dos límites da nación
Hai nos mapas sinais de cicatrices da Historia no lugar das fronteiras ou, ás veces, ausencias narrativas intrigantes para un estranxeiro, como sucede no caso de
Olivença/Olivenza. Non son o territorio, antes unha representación ou percepción e só amosan o que o cartógrafo ou quen o encomendou quere amosar – unha imaxe truncada, incompleta, parcial, mesmo traficada da realidade (Rekacewicz, 2006). Nas cartas de Portugal é frecuente unha ruptura polo Alentejo, co contorno desvanecido e Olivença/Olivenza a pairar como “caso” por resolver, con dúas grafías a disputaren unha cidade. Como lembra Revel, un mapa "Resume uma história cujas vicissitudes permite esquecer, uma longa caminhada. Impõe um traçado que é uma realização, simultaneamente familiar e perfeita." (Revel, 1990:138).
A concepción de “fronteira natural” provén do século XVIII, un tempo en que a
natureza se volve palabra chave. Se antes tiñan sido os dereitos históricos hereditarios que tiñan ditado as fronteiras, séguese a natureza (Guichonet e Raffestin, 1974:19), coa marxe marítima, os desertos, as grandes cadeas montañosas a seren encaradas como confíns naturais sobre os que se podían fixar os límites222. Se puideran estar condicionados por ríos
ou montañas de difícil transposición, virían principalmente constituír un precipitado de estratexias políticas que, tento partido do centro, esixen a súas aplicación nas periferias. Os límites “naturais” non son barreiras; poden mesmo ser auténticas espiñas dorsais (van
Gennep, 1995:169). O caso dos Pirineos é emblemático: a cadea montañosa constituiría unha excelente división entre Francia e España, non fora a continuidade de nacións subestatais como a catalá e a vasca, coas respectivas construcións lingüísticas autónomas, que ultrapasan a barreira política interestatal223.
Nunha aproximación feita pola vía francesa, Guichonet e Raffestin (1974) procuran a textura e a consistencia de termos asociados á xeografía das fronteiras, referindo que o termo «frontier» e os seus derivados terán comezado a aparecer no século XIII, mentres “confim” que significa “extremidade” e “paso intermedio entre dous estados”, será máis tardía, do século XV. “Fronteira”, na lingua portuguesa, como a expresión francesa, o termo español “frontera”, o inglés “frontier” derivan de fronteira ou frontaira, no antigo latín, ou sexa, a parte do territorio situada in fronte, nas marxes. O termo “frontalier”, traducíbel por fronteirizo, provén da lingua provenzal moderna, mentres “confim” provén do italiano. Nas
222 Daniel Nordman (1986) amosa como evolucionou o concepto de límite, e como, desde o Renacemento, os xeógrafos constitúen as mellores guías; polo demais, a descrición dos países transformouse en reivindicación. En Francia, é a Richelieu que se debe a idea de límite natural, espacializando un territorio que se limita por montañas, mares ou ríos – os límites naturais máis evidentes.
linguas holandesa, dinamarquesa e alemá é de orixe eslava e o material lingüístico inglés, con “boundary” e “frontier” permite por un lado dar conta da linearidade, e por outro, da zonalidade, xa que a definición dun trazado deixa subsistir unha zona fronteiriza, designada raia entre Portugal e Galicia, denominándose os seus habitantes raianos ou raiotos. Como os xuristas e os peritos en dereito internacional verificaron, esta zona persiste despois da instauración dun límite e, se releva dunha construción política propia de cada estado, pertence ao mesmo tempo a dous Estados contiguos (Sahlins, 1996: 21). É aí onde se desenvolven as políticas de boa veciñanza entre estes e onde se estabelecen os límites militares, aduaneiros e de administración interna.
Foi no final da Idade Media cando se impuxo a necesidade dun vocabulario especializado, elaborándose entón a noción de Estado moderno, asentado nunha poboación e nun espazo (Guichonet e Raffestin, 1974:12)224. Esta espacialidade dos Estados esixía a
delimitación e o estabelecemento claro de fronteiras, aínda que fose ecuménica e anterior no tempo a idea de fronteira como delimitación territorial, detectábel en sociedades antigas e nas designadas sociedades primitivas225.
No século XIX as fronteiras tenden a volverse precisas e a identificarse cunha liña, en resultado de conflitos e acordos. O principio nacionalista, que resulta da estrutura
socioeconómica da sociedade capitalista constitúe un modo de lexitimación que require que as fronteiras étnicas non desboten do mapa as fronteiras políticas. No delinear das nacións, as aldeas diseminadas constitúen o elemento de base (Nordman, 1986:45) e os dereitos dos reis son trazados no terreo a través de comisarios de ambas partes, encargados de verificar as probas e os títulos escritos, co recurso ao testemuño dos habitantes. Sobre todo, hai que eliminar os res nullius e as aldeas bipartidas ou tripartidas, aínda que, nunha óptica local, non estea ausente a consciencia dos límites, non confusos, mais complexos, pasados a través da memoria oral, empírica, que se inscribe no solo familiar226.
Como símbolo, a fronteira adecuouse aos tempos, retrazada, alargada ou alterada debido ás modificacións territoriais (Nordman, 1986:50). Xa foi representada por un foso ou por unha muralla, nunha primeira utilización militar do termo, expresada no cercado de fortalezas que rodeaban os países, despois naturalizada a través de cadeas montañosas ou de ríos, coa primeira modalidade a reenviar para unha forma artificial de campo e a segunda a aproximarse dunha liña (van Gennep, 1995: 175), a das «augas vertentes», pola partilla do líquido vital.
224 Para os autores, é coetáneo a aparición dos termos que designan a fronteira e o estabelecemento das bases da soberanía territorial, inherente ao Estado Moderno.
225 A Gran Muralla da China, destinada a preservar un modo de vida de agricultores sedentarios fronte a nómadas pastores é, na súa duradeira materialidade de pedra, un pesado exemplo de fronteira. Entre os imperios, como sucederá co tratado de Tordesillas no final do século XV, estabelécense igualmente liñas separadoras, aínda que de débil significado nunha época en que a determinación da lonxitude colocaba problemas difíciles (Guichonnet e Raffestin, 1974:21).
226 Na época de Luís XIV comeza a levantarse a cuestión da soberanía sobre certas aldeas, que era, entón, aínda indeterminada, aceptándose o principio da igualdade negociador, aínda que se negociase con Estados de menor porte que o francés. Até a revolución francesa, como amosan Nordman (1986) e Sahlins (1998), os límites de Francia son incertos, movíbeis, inaprehensíbeis (Nordman, 1986:48).
O traballo de Peter Sahlins acerca da Sardeña permite verificar a dimensión europea da delimitación dos espazos nacionais, nun proceso con gran semellanza con aquel que se verificaría na fronteira en Portugal e España227. En 1659 ocorreu a anexación deste territorio
por Francia, e a fronteira viría ser definitivamente fixada polo tratado de Baiona de 1868, que resultou dos traballos dunha comisión mixta, tal e como sucedería entre Portugal e España (Le Moniteur Universel, nº 212, 31.7.1866)228. Nunha análise da tensión entre a unidade e a
división da Sardeña entre dous países propón o inverso dos estudos que interrogan a fronteira a partir do centro: ollar a historia da periferia, da zona fronteiriza, interrogando as formas como os individuos se apropian das súas fronteiras e das súas identidades no sentido de as utilizaren sexa en contra, sexa en colaboración cos centros políticos lonxincuos.
A Sardeña, sen claras marcas na paisaxe que facilitasen a delimitación, sen puntos de apoio estratéxico evidentes e cunha forte identidade rexional, tendía moito a unila: unha economía fundada no pastoreo e no comercio, unha mesma práctica relixiosa, unha lingua idéntica – a catalá – e tamén unha mesma desconfianza por parte dos habitantes en relación aos poderes, tanto do Estado como menos lonxincuos. É a partir dun caso de indiferenciación máxima que van ser fixadas e determinadas as identidades nacionais (Lepetit in Sahlins, 1996: 4), o que implica que o estado francés terá que investir profundamente na «francesización» da Sardeña. Para «facer franceses», os transportes, o servizo militar e a escola primaria obrigatoria son esenciais. Vencen a resistencia á integración das comunidades aldeás, aproveitando o contexto de crise e uniformizándoas no seo do territorio nacional229. O estabelecemento da fronteira virá resultar dun equilibrio en que se tivo en
conta a delimitación de cada comunidade, nun contexto histórico que converteu a imposición exterior nun desexo das poboacións.
Tanto Douglass, para a fronteira entre España e Francia no País Vasco, como Sahlins, na mesma fronteira, mais na Sardeña, defenden que foran os conflitos e as estratexias locais que deron sentido e substancia ás pequenas alteracións dos acordos fronteirizos. Porén, no caso da fronteira dos Pirineos Occidentais, Douglass sinala a cooperación entre os dous lados,
227 Polo tratado dos Pirineos de 1659 e polas negociacións que se lle seguiron, en Céret e Llivia, o Roussilhão e os cerca de dez mil habitantes de 33 aldeas da Sardeña pasaron a integrar territorio francés. Antes, estas poboacións tiñan autonomía administrativa e forte identidade. A situación dubidosa dos seus habitantes – uns rendían homenaxe ao rei de Francia, outros ao principado da Cataluña, logo, ao rei de España – levaría os Estados centrais a desexaren unha clarificación.
228 Pode interrogarse o longo período entre a anexación e a delimitación, mais el é explicábel porque a organización das fronteiras dependeu por moito tempo dunha lóxica de “marchas”, lugar de soberanías e de dereitos imperfectamente superpostos e desigualmente territorializados (Lepetit in Sahlins, 1996:3). A primeira vaga de tratados entre Francia e os estados veciños ocorrerá entre 1770 e 1780, e serán os sobresaltos políticos en España que explican a máis tardía fixación desta fronteira. Despois do século de guerra, España e Francia no inicio do século XVIII son aliadas en Europa e no Novo Mundo. Co fin de reprimir o contrabando, os malfeitores e os desertores, os dous países resolven cooperar, decidindo sen tibiezas unha liña de fronteira (Sahlins, 1996:107-9). Coa finalidade de obstar ao crescendo do nacionalismo catalán, a coroa española, máis cedo que a francesa, tenta estabelecer unha fronteira económica nacional. Para os franceses, a delimitación trae consigo o proteccionismo, onerando os produtos que crucen a liña delimitadora.
229 A conxuntura xerada pola revolución francesa, conxuntamente coas especificidades da historia española, que desde os anos 1840 procede á venda dos bens nacionais e á afirmación do individualismo agrario, desvalorizan as solidariedades comunais. Están, así, creadas condicións para a nacionalización das comunidades: o crecemento demográfico do inicio do século XIX, onde opera un cadro de economía tradicional débil, xera tensións fortes en canto ao uso dos recursos que se volven raros. Eses conflitos van emerxer cos veciños acerca dos pastos, das terras comunitarias e do control das augas. As comunidades da Sardeña van entón envolver as identidades nacionais e os Estados respectivos en disputas que traen a nación á aldea (Lepetit, in Sahlins, 1996: 6)
contraposta ás manifestacións de contencioso a que Sahlins se refire (Douglass, 1998)230. Xa
no caso do principado de Andorra, que como refire Dolores Comas d'Argemir é en si mesmo unha pura fronteira, a economía é claramente fronteiriza (Comas d'Argemir, 1999:69), cunha lóxica de funcionamento e reprodución que utiliza as relacións con España e Francia e que se insire en fluxos globais231.
Onde a poboación é densa e a proximidade entre os aglomerados de ambos lados da fronteira é grande, a marxe pode ser apropiada por comunidades asentadas en intereses que son alleos, ou mesmo contrarios, á esfera dos Estados. Á marxe das grandes comunidades imaxinadas nacionais e estatais (Anderson, 1983; Zientara, 1989:309), este fenómeno radica nunha outra construción comunitaria e tanxíbel, da relación cara a cara que ultrapasan pola súa ramificación a dimensión localizada, a través da manipulación dos límites nacionais.
230 No caso vasco, a permeabilidade da fronteira vén sendo asimilada polos membros da ETA, que usan o Iparralde, ou sexa, o país vasco francés como refuxio en situacións de acoso.
231 O artigo, que se centra no cultivo de tabaco en Andorra, demostra como este se desenvolveu significativamente no século XVIII, aínda que xa existindo antes, ao mesmo tempo que España cambia a produción de tabaco monopolio do Estado. Como España e Francia oneran o tabaco con pesados impostos, Andorra consegue introducilo no mercado, a través de contrabando, a prezos máis baixos. Ese cultivo e circulación, que se mantén, fúndase na confluencia de intereses de industriais, grandes e pequenos agricultores e mesmo de rendeiros, que obteñen fondos complementarios para a economía familiar. Así se xustifica o papel decisivo que a fronteira desempeñou nas actividades de Andorra.