Quedaban xa afastadas as imaxes na fosa común de A Rioxa nas que ducias de homes e mulleres se aglomeraban ante a cámara coa necesidade de narrar o drama, o terror, o horror. Quizais xa esquecidas por algúns e descoñecidas pola meirande parte da poboación. E de novo, en pantallas do século XXI, miles de cidadáns escoitan o terror, agora na boca dos netos. A cha- mada “represión franquista” e os seus “desaparecidos” van ocupando un lugar na esfera pública. Un lugar, ao menos un. Quizais suficientemente mediático para obter unha resposta. E é que en 2002 prodúcese un fito histórico, o Congreso dos Deputados emite o que os principais xornais
do estado titularon como “a primeira condena ao franquismo” por unha institución do estado(4).
Pero a pesar de ser a primeira, a súa relevancia reside noutra cuestión: a súa liña argu- mentativa continuadora coa Transición (Míguez 2014:193). Se nos detemos uns instantes na súa análise poderemos ver elementos claros para comprender esta afirmación.
En primeiro lugar aínda que, como sinalábamos, os titulares dos medios de comunica- ción falan da condena unánime do Congreso ao franquismo, no texto, publicado no Boletín Ofi- cial de las Cortes del Estado, a condena exponse nos seguintes termos: “ninguén pode sentirse lexitimado, como ocorreu no pasado, para empregar a violencia coa finalidade de impoñer as súas conviccións políticas e establecer réximes totalitarios contrarios á liberdade a á dignidade de todos os cidadáns, o que merece a condena e repulsa da nosa sociedade democrática” (BOE, 2002: 14). Polo tanto nin na propia condena se explicita o réxime franquista nin o suxeito que condena son as institucións, senón unha difusa “sociedade democrática”.
En segundo lugar aínda que se trate dunha declaración que, na teoría, estaba fundamen- tada na condena ao réxime franquista, das súas 1350 palabras emprega 1057 palabras en refor- zar o sentido da Transición e soamente 278 en expresar a condena. Así a declaración iníciase
(4) Véxase titulares de El Mundo: “El Congreso acuerda una condena unánime al franquismo y un reconocimiento a sus víctimas”
(21/11/2002): https://www.elmundo.es/elmundo/2002/11/20/espana/1037794736.html “ El PP condena el golpe de Franco y promete honrar a todas las víctimas de la Guerra Civil. El Congreso aprueba, un 20-N y por unanimidad, ayudar a los exiliados y reabrir fosas comunes” : https://elpais.com/diario/2002/11/21/espana/1037833222_850215.html
cunha loanza á Constitución do 78 que na súa propia defensa nega o pasado democrático da II República, posto que ela “intentou poñer punto final a un tráxico pasado de enfrentamento civil entre os españois”. Un pasado do que desaparece a II República e soamente quedan “Guerras civís, pronunciamentos, ditaduras, en suma, réximes políticos ou sistemas baseados na imposi- ción violenta de ideoloxías ou formas de goberno que foran ata entón o negro balance padecido pola inmensa maioría do pobo español, como se o noso sino histórico fora o do fracaso colec- tivo” (BOE, 2002: 13).
Unha declaración que tiña como obxectivo recoñecer ás vítimas e condenar o réxime franquista convértese no máis claro exemplo do relato construído en torno á Transición e á lei de amnistía analizada anteriormente cun eixo vertebrador común: a idea dos dous bandos irre- conciliables na longa historia da nación que soamente a Transición puido reconciliar poñendo “fin ao enfrentamento das dúas Españas, enterradas alí para sempre” (BOE, 2002:13).
Despois dunha longa descrición que alaba a Transición e apuntala o relato fratricida incide:
Transcorreron sesenta e seis anos dende o comezo da guerra civil de 1936. Apenas quedan sobreviventes da gran traxedia. E, por suposto, nada queda na sociedade española do endémico enfrontamento civil porque, consciente e de- liberadamente, quíxose pasar páxina para non revivir vellos rancores, resucitar odios ou alentar desexos de desquite. (BOE, 2002:14).
E é que o texto non soamente sacraliza o fito histórico da Transición con dúas condicións indisociables: para que haxa paz tivo que haber silencio. Ademais a propia descrición do ocorri- do banaliza o violencia exterminadora como “simples rancores e odios entre iguais” invisibili- zando ademais ás vítimas, posto que subliña “apenas quedan sobreviventes”.
Como sinalábamos, a parte dirixida á condena formal ao réxime nin sequera fai refe- rencia explícita ao franquismo no seu primeiro punto e reitera a relevancia da Transición no segundo, deixando poucas palabras para a propia condena. Négase así nestas verbas a violencia intrínseca do golpe e alixeirase ao Estado das súas responsabilidades cunha clara advertencia final a familiares das vítimas:
Instamos a que calquera iniciativa promovida polas familias dos afectos que se leve a cabo en tal sentido, sobre todo no ámbito local, reciba o apoio das institucións evitando, en todo caso, que serva para reavivar vellas feridas ou remover o rescaldo da confrontación civil (BOE, 2002:14).
A coñecida como Lei de Memoria Histórica do 2007, primeira norma que afrontaba o tratamento dos crimes franquistas e actuaba substancialmente no campo da reparación das vítimas, non ofrece moitas novidades a nivel discursivo. A lei obtivo unha valoración positiva dos mass media e partidos do centro esquerda, pero esta non foi compartida polas propias or- ganizacións memorialistas.
Limitábase a actuación reparadora do Estado español, sen cuestionarse a Lei de Amnis- tía e sen consideración algunha da imprescritibilidade dos crimes de lesa humanidade. Ademais externalízase a responsabilidade do Estado en subvencións e subcontratas, (Lei 52/2007) algo que choca frontalmente coa definición consensuada no dereito internacional sobre os procesos transicionais e a responsabilidade do Estado.
A partir da promulgación desta lei, a reacción e estratexia seguida por parte do move- mento memorialista é reorientar a súa acción cara o ámbito xudicial. Así relata Emilio Silva a decisión: xa que dende o Poder Lexislativo e Executivo non se fai, sería a xustiza a que garantise os dereitos aos familiares dos desaparecidos” (Silva, 2011:72).
Así presentan unha querela ante a Audiencia Nacional expoñendo o seu dereito a saber e solicitando a tutela xudicial para o descubrimento da verdade, buscando por tanto alí “unha
xustiza que outras institucións do Estado español negábanse a satisfacer”(5).