A querela presentada en decembro de 2006 tivo, nun primeiro termo, unha resposta positiva. Nun auto do 16 de outubro de 2008 o xuíz titular do Xulgado de Instrución nº5 da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, declarábase competente para tramitar unha causa polos presuntos delitos permanentes de detención ilegal sen dar razón de paradoiro no contexto de crimes contra a humanidade. Facía fincapé en que as autoridades e responsables que propiciaron a desaparición das vítimas non tiveran facilitado o lugar ou datos para poder atopar a localiza- ción dos corpos. De modo que o xuíz podería mediante a investigación, poñer fin á comisión dun “delito permanente”. Apoiábase así tamén na posibilidade de que se tivesen producido crimes contra a humanidade, crimes que non prescriben e que, polo tanto, poderían facer fronte á lei de amnistía de 1977 (Garzón, 2008).
O proceso ofrecía as características básicas dunha comisión de verdade, e por tanto, constituía o inicio dun proceso similar ao da xustiza transicional, baseado no “dereito á verda- de” (Chinchón, 2012). Esa xustiza que non operara trinta anos antes, parecía agora perfilarse con medidas tales como a creación dun Grupo de Expertos e outro grupo de Policía Xudicial, a reclamación de datos sobre os máximos dirixentes da Falange ao Ministerio do Interior, etc. Deste modo, o auto de Garzón recollía algunhas das consideracións básicas do movemento da memoria: xustiza, reparación e verdade e afectaba aos principios negacionistas. Pero soamente catro días despois, todas as formulacións que contiña o auto do xuíz Baltasar Garzón son reba- tidas no recurso de apelación da Fiscalía do 20 de outubro de 2008 e finalmente no auto da Sala do Penal da Audiencia Nacional do 2 de decembro do mesmo ano.
O recurso da Fiscalía e o auto da Sala do Penal pechan toda posibilidade de que os cri- mes franquistas foran xulgados pola Audiencia Nacional declarando a falta de competencia des- te tribunal para a investigación dos feitos e deixando así sen efecto todos os autos e resolucións emitidas ata a data. Centran a súa argumentación na cualificación do ocorrido, que non tería sido un delito contra Altos Organismos da Nación e a Forma de Goberno (como sostiña Baltasar Garzón) senón un delito de rebelión, sobre o cal a Audiencia Nacional non tería competencia (Audiencia Nacional. Sala de lo Penal, 2008).
(5) Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica. 2013. “El derecho a la verdad y la obligación de investigar: el “caso
Garzón” y las víctimas del franquismo en el Tribunal Supremo”, web Asociación para la Recuperación de la Memoria Históri-
ca. Recuperado de: http://memoriahistorica.org.es/2-el-derecho-a-la-verdad-y-la-obligacion-de-investigar-el-caso-garzon-y-
Meses despois da paralización do proceso xudicial en decembro de 2008, o 26 de maio de 2009 a sala do Penal do Tribunal Supremo admite a trámite a querela interposta polo Sindi- cato de corte ultradereitista Manos Limpias contra Baltasar Garzón por ter cometido un delito de prevaricación ao declararse competente para investigar os crimes franquistas. A sala do penal do Tribunal Supremo nun auto do 11 de maio de 2010 ordena a apertura de xuízo oral contra Baltasar Garzón por feitos constitutivos do delito de prevaricación. Deste xeito xa non só estabamos ante a parálise do único proceso rigoroso para investigar os crimes de lesa hu- manidade que se puideran ter cometido despois do golpe, senón que se criminalizaba o propio feito, mediante a denuncia dunha organización ultra que acepta tramitar o Tribunal Supremo. Estes feitos causan unha gran indignación no movemento memorialista, desembocando nas manifestacións que entre abril e maio de 2010 se convocan en diversas cidades do Estado baixo
o lema “contra a impunidade”(6). Así se inauguraría o que diversos autores denominan o cuarto
ciclo de mobilizacións no que o movemento denuncia xa directamente a impunidade do réxime franquista.(Ferrándiz, 2010).
Dous anos despois da apertura do proceso no Tribunal Supremo, en 2012, chega a sen- tencia que non fai máis que corroborar a vixencia da impunidade denunciada polo movemento. Nela se esgrime a imposibilidade legal de investigar os crimes do franquismo aludindo aos seguintes puntos centrais: a prescrición dos delitos, a extinción de responsabilidade criminal (baseándose na lei de amnistía do 77) e, o máis sorprendente para xuristas como Javier Chin- chón (2012), baseando a imposibilidade de aplicar as normas que rexen para un delito contra a humanidade debido a que no momento en que se realizaron eses delitos non estaban presentes no Código Penal (Tribunal Supremo, 2012). Esta formulación choca co precedente do caso Sci- lingo e nega a existencia mesma do Dereito Internacional ao entrar en contradición flagrante coas obrigas internacionais firmadas polo Estado español. Converte así en imposible calquera investigación xudicial dos crimes tralo golpe de modo que podería falarse dun fin do camiño en España (Chinchón, 2012). Feito que o movemento da memoria vai interiorizando xa dende principios dos 2000 ata a ano 2012 no que sofre un cambio significativo tanto no seu discurso como nas súas demandas. Así, da petición inicial de reparación e recoñecemento das vítimas evolucionan a unha denuncia severa da impunidade do franquismo que, polo tanto, revisa o relato colectivo dominante creado décadas atrás, durante a Transición.
Este proceso, ese peche de camiños en España que se materializou no curto proceso xu- dicial que vimos de describir, supuxo un punto de inflexión na percepción do legado represivo do franquismo, que da lugar á formulación e reclamación de novos tipos de dereitos para as vítimas do franquismo no marco, esta vez, da xustiza universal. (Ferrándiz, 2010, 2014; Jerez, 2013). A corroboración de que existe impunidade para o franquismo no Estado español, deixa só unha vía de escape para o movemento memorialista, buscar na xustiza universal o camiño que se lle nega dentro do Estado.
(6) Véxase nova sobre as manifestacións, El País,” Movilización contra la impunidad de los crímenes del franquismo” 25/4/2010
3. Novos camiños máis alá da impunidade: proceso de internacionalización do movemento